















Canons Actuais de Estética Facial:
O Óso Alveolar, un continente por descubrir
É para min unha honra poder falar nesta ilustre tribuna, e dende a minha cadeira de Odontoestomatoloxía, de Ortodoncia e Bioloxía Dentofacial, unha especialidade indisociable da medicina.
Quero disculparme con meus ilustres amigos doutras partes de España, que hoxe nos acompañan, por falar en galego, pero e a minha responsabilidade coa Ortodoncia do noso país. Non resulta fácil dirixirse a un grupo tan heteroxéneo e cun tema clínico como iste, por iso, y en aras da amenidade, vou facer unha mestura de ciencia, neuromarketing, filosofía e arte.
Cómpre subliñar que casi todos os presentes tiveron algún contacto coa ortodoncia, moitos a través do tratamento dos seus fillos, outros polo seu propio tratamento, pero resulta inaudito, a pesar da sua preminencia social, o profundo descoñecemento existente sobre a súa realidade clínica e científica, o que me lembra a definición do tempo de San Agustín “Se ninguén mo pregunta, seino; se quixese explicalo, xa non o sei”.
A popularidade dos nosos aparellos en nenos e adultos e as inxentes cantidades de cartos que se gastan en eles contrasta, al menos porcentualmente, con a dubidosa calidade de seu exercicio e as suas verdadeiras posibilidades terapéuticas. (2) Si Galicia é o país dos mil ríos, a Ortodoncia o é a dos mil aparellos. Dóeme o corazón o afirmar que a verdadeira Ortodoncia esta hoxe oculta baixo unha espesa brétema; é unha ciencia casi sin científicos cuxa práctica está dominada polo mercantilismo, os sobretratamientos e a escasa formación dos que a exercen. Dos millons de dentistas que ponen aparellos no mundo so unha mínima porcentaxe teñen unha formación adecuada. Detrás do 90% dos aparellos e férulas para o bruxismo que se pon nas cadeas comerciais de clinicas en España non hay unha simple exploración, un diagnóstico nin un plan de tratamento axeitado, situación que hoxe a empeorado por a tele-ortodoncia y a compra de aparellos por corespondencia por parte de moitos dentistas. Os 4 especialistas europeos que formamos a o ano no máster de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial da nosa universidade, teñen que cursar un postgrado intensivo de casi tres anos a tempo completo e 2000 horas de prácticas con pacientes, representando a agulla na caótica palleira do mercado ortodóncico.
(3) Este coller o ravo polas follas, este mirar o dedo cando se está sinalando a lúa, é máis a norma que a excepción; é a cruz dunha especialidade onde os fíos tras as bambalinas están movidos polas grandes empresas multinacionais do sector, convertendo a moitas clínicas en simples puntos de venda de aliñadores ou férulas de descarga donde o profesional, repito, non fai nada mais que falar e parecer que fai: nin diagnóstico, nin plan de tratamento e o deseño dos aparellos faise por descoñecidos non cualificados e intelixencia artificial a miles de quilometros. A gran bola de neve de malos tratamentos e iatroxenia estase a convertir nun alude. O crecemento, como os cogomelos, do negocio das facultades de odontoloxía privadas; privadas por ser os seus donos grupos de capital-risco e por estar privadas de verdadeiros profesores e investigadores, aínda botan máis neve a este alude.
O intento empresarial por esnaquizar a nosa especialidade e hoxe unha triste realidade, é non sería un problema si non fora porque afecta directamente a saude e porque este ano o gasto só en estética dental no mundo superase con fartura o 200 mil millóns de dólares e só nunha técnica de ortodoncia, os alineadores plásticos transparentes, roldaremos os 10 mil millons.
Todo este desastre e posible pola desinformación dos pacientes sobre a capacidade real da Ortodoncia para cambiar o seu sorriso, a sua cara y a sua calidade de vida. Non deixo de arrepentirme de que pouco antes do seu asesinato por ETA, reprocheille a Ernest Lluch en privado polos seus comentarios de que os dentistas españois eran poucos, malos e caros; non sabía que as cousas poderían empeorar aínda máis.
Por iso vou tratar de explicar o que é a bioloxía dentofacial e as verdadeiras posibilidades terapéuticas da nosa especialidade tan afastadas do que ustedes creen saber dela, é espero, tras esta curta prédica misioneira, convertelos ás boas novas da Ortodoncia Médica.
Tres feitos (4) me impelen a tratar de poñer en evidencia as incongruencias do actual negocio da ortodoncia, que se sitúa nas antípodas do concepto de Ortodoncia Médica que hoxe defendo aquí. Refírome ao carácter médico inicial que lle deu o seu fundador, Eduard Angle, fai máis dun século; a meu pai, defensor da estomatoloxía, hoxe tristemente desaparecida, e a demanda, nun xantar, dun dos filósofos da ciencia máis importantes do pasado século, Mario Bunge, que posteriormente reflectín en distintos artigos na revista filosófica Ágora do Orcellón, onde apuntaba que a Ortodoncia é máis a arte do imposible que a ciencia do probable, e que é exercida á espera de ser descuberta .
(5)A ortodoncia non fala só de dentes e sorrisos, senón de función e crecemento facial. Estes dous pacientes parecen iguais, pero todo cambia cando descubrimos a parte inferior do seu rostro (6) e decatámonos da influencia dos dentes e os maxilares e o seu reflexo no perfil.
Resúltame moi difícil transmitirlles a vostedes a miña paixón pola bioloxía dentofacial e nosa especialidade e vou tratar de empezar mostrando tres exemplos clínicos paradigmáticos. (7)
A falta de desenvolvemento mandibular e a compresión do padal nos nenos propician a respiración oral e poden acabar desencadeando problemas na ATM e incluso un verdadeiro Síndrome de Apnea-Hipoapnea Obstructiva do Sono, é por iso o primeiro caso clínico non pode ser outro que a do noso fillo mais novo Xavier. Como en casa do ferreiro cóitelo de pau, xa o ecografista (8) advertiunos da marcada hipoplasia mandibular intraútero de Xavier; podemos velo aos 3 anos. Estudando a sua calcificación ósea e dental decidimos comenzar o tratamento no inicio do pico puberal de crecemento mandibular (9). Tratamos a Xavier, a súa nai Mónica e eu, cunha combinación de aparellos funcionais e fixos (10), ata alcanzar os obxectivos oclusales funcionais e estéticos propostos (11); evolución do seu perfil e crecemento mandibular a o longo dos anos (12) e comprobación teleradiográfica (13). A nosa proba de lume é ver a estabilidade dos resultados terapéuticos a longo prazo. (14,15) Xavier na actualidade cunha boa función e estética. Xavier sorrindo cos seus catro irmáns (16).
O segundo é unha maloclusión esquelética de Clase III con marcada hipoplasia ou falta de desenvolvemento do maxilar con roncopatía e tamen risco de Síndrome de Apnea Hipoapnea Obstructiva do soño (17) e o seu tratamento con Disxunción Rápida do Padal e Máscara Facial (18), resultado do tratamento a curto e longo prazo (19) e comparativa de antes e despois (20).
Pero a ortodoncia aínda é moito máis. (22) Este paciente, ademais da maloclusión evidente, presenta un problema de ATM e de Apnea-Hipoapnea Obstructiva do Soño por tanto o motivo do tratamento excede á estética do seu sorriso, para converterse nun problema grave de saúde. Resultado tras o tratamento combinado de ortodoncia e cirurxía ortognática de avance maxilar e mentoplastia realizado polo Dr. Xacinto Sanroman e a sua polisomnografía (21), o paciente anos despois do seu tratamento (23).
(24) A terapéutica ortodóncica pivota ao redor de dous eixos: o máxico e sorprendente movemento dentario producido pola biomecánica dos nosos aparellos e a capacidade de modificar o crecemento da cara, a través da acción mecánica directa ou indirecta sobre as suturas e os músculos (25). A maxia e estrañeza do movemento dentario ortodóncico reside na propiedade dos dentes, a través dun proceso inflamatorio aséptico, de formar óso alveolar durante toda a vida do individuo. Basicamente as forzas de ortodoncia poden actuar a tres niveis: de maneira directa sobre as coroas dentarias e sobre as suturas maxilares e de maneira indirecta, e moi enxeñosa, sobre a cartilaxe condíleo e os músculos a través dun cambio de presións.
Como expliquei fai un mes na Universidade de Detroit (26), as forzas aplicadas ás coroas dentarias transmítense ao periodonto e iníciase aquí unha fervenza de acontecementos (inflamatorios, histoquímicos, neurolóxicos e piezoeléctricos) que acaba producindo a reabsorción do óso no lado de presión, cara a onde queremos mover o dente, e a aposición ósea no lado de tensión. Osteoclastos, fibroblastos, fibras de coláxeno e mediadores inflamatorios son os verdadeiros protagonistas desta maxia.
Pero a prestidixitacion segue, porque noutras ocasións modificamos a posición dos dentes e os maxilares con microimplantes ortodóncicos inseridos no óso, dos que fumos pioneiros a nivel mundial, (27), podendo hoxe facer expansións do padal en adultos, impensables hai poucos anos. Unha das misiones da universidadad ha de ser converter a investigación en feitos, en cousas prácticas, por iso desenvolvimos unha liña de microimplantes, o DSQ Orthodontic System, de gran polivalencia ortopédica, (28) que nos permite movementos dentarios impensables so fai poucos anos e cambiar caras, incluso nos adultos, sin ciruxía, sin cortar o limar, e a maxia dun continente descoñecido, o oso alveolar. Estas imáxenes clínicas me aforran falar de números e datos dos nosos resultados de investigación.
Non debemos de esquecer que o noso terzo facial medio é só unha gran cavidade baleira (29), unha gran burbulla chea de aire, resultado do labirinto pneumático das fosas nasais, seos maxilares, frontais, etmoidales e esfenoidales, (30) de maneira que o seu crecemento vertical fíase aos dentes e os procesos alveolares, do mesmo xeito que ocorre coa rama e corpo mandibular no terzo inferior do rostro.
Descoñezo as especialidades médicas onde o estudo dos distintos patróns faciais sexa tan importante como na nosa especialidade (31) e a súa relación directa coa maloclusión e a forma do rostro. Leste vén determinado pola xenética e a epixenética porque dos nosos pais recibimos as cartas da xenética, pero a epixenética trata de como as xogamos, de como implementamos ou eliminamos as funcións e como isto inflúe na metilación do ADN. Favorecer ou limitar o desenvolvemento vertical do oso alveolar e a posición da mandíbula durante o seu crecemento e cambiar a forma da cara.
(32) É evidente a heredabilidad das maloclusiones, como demostra a historia da familia real Habsburgo-Borbóns. É importante destacar que á mencionada mandíbula únese un marcado compoñente de hipoplasia do complexo maxilomalar, que condiciona a característica caída da punta do nariz dos Borbóns. (33) O noso rei e a princesa Leonor, afortunadamente, herdaron a estructura dentofacial da dinastía da reina Sofia, con predominio da Clase II subdivisión 2, e a mandíbula e queixo da raiña; o seu crecemento mandibular foi favorecido pola ortodoncia, en concreto pola corrección da sobremordida e o uso de elásticos intermaxilares de Clase II, o que mellora na princesa Leonor o parecido coa sua tatarabuela, a princesa Victoria Luisa de Prusia e afástaa da maldición mandibular dos Hasburgo-Borbóns.
(34) Unha parte moi importante do master de ortodoncia dedicámola a estudar o crecemento dentofacial e a súa posible modificación ortopédica; en definitiva por qué temos o rostro que temos y cómo o biotipo facial condiciona todo o tratamento. A morfoloxía e posición espacial da mandíbula, a actividade do cartílago condíleo e o crecemento vertical do oso alveolar son os máximos determinantes da forma da metade inferior da faciana, condicionan a oclusión e biomecánica mastigatoria e determinan o noso tratamento e as funcións orais de fala, respiración e deglución. Non esquezamos que cando loitan o músculo e o oso sempre gaña o primeiro.
Dous luxos dos que disfrutamos na nosa facultade son unha cidade pequeña, axeitada a nosa medida, cunha gran universidade e a amizade. Fai anos traballamos experimentalmente no desenvolvemento vertical biomecánico do óso alveolar en cans grazas ao Instituto Carlos III e o profesor Abel García (35). Con o profesor Juan Viaño traballamos nun dos pilares da Ortodoncia, a biomecánica, con simulacions matemáticas co método dos Elementos Finitos e estudando o comportamiento da nosa anisotrópica mandíbula, recibindo o seu Departamento de Matemáticas importantes premios internacionais (36).
As enormes deformidades producidas na nosa área por hábitos deletéreos sostidos, como o chupeteo do pulgar, ou as enfermidades neuromusculares fálannos da plasticidade descoñecida do óso alveolar e o predominio das función e a transducción celular na sua forma final (37). Unha simple compresión maxilar dental (38) desplaza os incisivos superiores cara a diante e impide o sellado dos beizos en reposo e durante o sono, de maneira que o paciente ten a boca aberta todo o tempo, cambiando a posición da lingua y a mandíbula e disminuindo a normal neumatización dos senos. Un correcto tratamento de ortodoncia o cambia todo, incluindo o sorriso e o crecemento da cara do paciente.
Este paciente reflicte a gran cantidade de galegos con Clases II, ángulo goníaco aberto e crecemento vertical mandibular (39), secundario a compresión do padal, o que xa intuíron artistas como Sotomayor ou Asorey, producto do clima, a epixenetica e da nosa complexa e variada xenética.
(40) Aquí chegamos a unha das primeiras preguntas para as que a ciencia aínda non ten resposta definitiva: por qué podemos facer a maxia da ortodoncia ou, dito doutro xeito, por que os dentes non caen cando tratamos de movelos, moitas veces en contra das forzas eruptivas fisiolóxicas. Dubido que a evolución estivese a pensar en cómo os ortodoncistas puidesen manter á súa familia á hora de favorecer un fenómeno tan máxico, polo que me inclino a pensar, e así o reflectín, como un constructo, en distintos libros e artigos, que é produto da filoxenia. Ninguén pode dubidar da ortopedia craneofacial cando os mayas o a cultura paracas podian conseguir estas deformacións craniais soamente con rudimentarios métodos compresivos. A progresiva diminución evolutiva do tamaño dos nosos cairos superiores permítennos amplos movementos de lateralidade sen restar do seu atávico carácter propioceptivo trixeminal.
A fala foi determinante para a nosa evolución e reinado fronte a outros homínidos, pero complicou funcións como a mastigación e deglución (41). Co fala e a verticalización do tubo fonatorio apareceu un aumento da dimensión vertical facial, a mandíbula afastouse do maxilar e isto, unido ás variacións da arquitectura dentofacial, unha vez que os sapiens sapiens abandonaron o África primixenia, deu lugar a un problema para a homeostasis oclusal.
(42) Na nosa hipótese, a evolución, unha vez máis, sacouse un coello da súa inesgotable chistera, creando un óso moi especial polo seu dinamismo e imbricaciones cos dentes: o óso alveolar; que nace, crece e desaparece coa súa erupción, presenza ou perda. O obxectivo foi crear un colchón amortiguador e compensatorio das discrepancias de tamaño e posición dos maxilares.
(43) No Servizo de Investigación en Ortodoncia estamos nun bo momento e tratamos de compatibilizar o “a Dios rogando”, e decir a investigación básica con antropólogos e especialistas médicos de recoñecido prestixio mundial, con “o mazo dando”, ou sexa desenvolvendo aparellos e técnicas clínicas con multinacionales do sector. A ilusión que temos con nosos presentes e futuros proxectos clínicos, de investigación e de I+D, espero axuden a resolver o enigma deste óso alveolar.
(44) Sen dúbida o maior beneficio da ortodoncia é a mellora da calidade de vida do paciente, a súa integración biopsicosocial. A cara, e por suposto o sorriso, é a nosa tarxeta de presentación. O sorriso é o móbil da cara e o noso primeiro punto de atención. Gran parte da colaboración entre Darwin e o gran Duchene de Boulogne centrouse nos tipos de sorriso, como expresa poéticamente no seu Mecanismo da Fisionomía Humana: (45)
“A emoción de franca alegría exprésase na cara pola contracción combinada do músculo Orbicular dos beizos e o Cigomático maior. O primeiro obedece á vontade, pero o segundo só se pon en xogo pola doce emoción da alma”,
Coa evolución e o fala cambiou a nosa vida de relación, involucionaron os músculos da mastigación, e desenvolvéronse e afinaron o seu funcionamento os da mímica porque a disonancia entre o que se dicía e sentía, esixía unha nova finura na realización e captación das expresións faciais. A ontoxenia no útero da nosa nai é unha breve e acelerada recapitulación de millóns de anos de filoxenia.
O relato do Xénese obedece a un rio subterráneo que nos fala metaforicamente do noso pasado e en concreto do pecado orixinal e a expulsión do paraíso; refírese á adquisición dunha mente pensante, que anhela e desexa, e por iso penca.
Estas afirmacions medio poéticas as levo pensando tempo, pero cal seria a minha sorpresa ao ver ou pasado día 8 deste mes un abraiante artigo en Science dos neurocientíficos W Freiwald e G Ianni dá Rockefeller University ratificando cientificamente isto en primates.
(46) O número de músculos do sorriso que separa o noso cinismo das verdadeiras emocions e importante, porque todos fomos a unha festa tendo que saudar cun sorriso artificial a alguén que nos cae mal. Neste novo status, onde o home xa pode pensar unha cousa e expresar outra, é onde a finura e precisión do xesto cobra unha gran importancia na vida de relación. Por iso a risa estaba proscrita na teoloxía do medioevo (ver o intrigante final do “O Nome da Rosa” de Umberto Eco).
(47) Imos cara a unha sociedade cada vez máis esixente, onde o éxito terapéutico queda curto co restituium ad integrum. O canon actual da estética do sorriso non e subjetivo, sinon que hoxe esta cheo de publicacions científicas e objetividade dixital. (48) A miña obsesión é crear protocolos e sistemas expertos para o manexo clínico. Esta, por exemplo, e a proposta da nosa técnica HAS (Hybrid Appliance System) como base para o desenvolvemento de algotitmos para o Digital Smile Design e como paradigma da sonrisa ideal.
Outro aspecto fundamental é entender o efecto do sorriso e o atractivo facial nesa máquina inquietantemente asociativa que é o noso cerebro, que cando non pensa racionalmente, inventa (49). A pregunta que fago aos meus alumnos de grao o primeiro día de curso é porqué gastámonos tantos cartos en estética dental. Un dos principais motivos é o efecto Halo, un rumbo psicolóxico que, por un trazo, un signo ou un detalle parcial, neste caso un sorriso radiante, extrae conclusións xerais e regala unha gratuíta asociación ao seu portador de intelixencia emocional, amabilidade, status, éxito persoal, social e sexual, en definitiva, felicidade. O mecanismo de asociación inmediata e automática entre beleza, atractivo e felicidade é un heurístico que a nosa mente ten gravada a lume dende o berce no sistema límbico, non en balde beleza e bondade comparten etimoloxía dende fai miles de anos.
(50) As investigacións rigorosas sobre o papel da aparencia facial e o sorriso na nosa vida de percepción e relación resultan sorprendentes, inquietantes é en todo caso, deprimentes. (51) Así, podemos quedar abraiados polos incribles traballos de MJ L Smith de 2006, onde se demostra en fotografías superpostas de mulleres en distintos días do ciclo menstrual como somos capaces de detectar os momentos de maior fertilidade, só polo atractivo; as mulleres con niveis máis elevados de estróxenos teñen rostros máis femininos, saudables e belos.
Se isto pode parecer sorprendente non son menos as clásicas investigacións de Mueller e Mazur (52) na academia militar de West Point, onde por unha serie de trazos faciais nas orlas dos cadetes, coñecidos como Facial Dominance, destacando a forma e proxeción da mandíbula e o queixo, podíase deducir o seu futuro rango militar.
A nosa vida persoal e mesmo profesional, como acabamos de ver, pode estar influída polo atractivo dun rostro, pero esta influencia adquire tinguiduras máis drásticas cando falamos da estética dos líderes políticos (53); os datos de Alexander Todorov da Universidad de Princeton son impactantes. A corrección política impídeme falar do verdadeiro orixen emocional dunha gran parte do voto femenino, clave nas pasadas eleccións xerais, máis aló do feminismo ou a atenta lectura dos programas electorais.
Bueno, imos falar de cousas mais agradables.
O gran salto desde as venus de Willendorf a Nefertiti (54) tanto no seu famoso e discutido busto, como os distintos baixorelieves de Tell o-Amarna, e o seu propio nome (a beleza chegou), marcan un salto cualitativo da humanidade desde o desexo máis atávico ao gusto pola estética máis sensual. Resulta sorprendente como tras 3.300 anos de canons faciais atopámonos no mesmo punto, como o demostra a comparación de Nefertiti co rostro de Bela Hadid, unha das mulleres máis belas do mundo.
As medidas cefalométricas, a partir da teleradiografía lateral de cranio estandarizada con cefalostato (55) foi un dos recursos diagnósticos máis importantes da nosa especialidade. Un parámetro importante é determinar a posición dos incisivos respecto a o que denomino o LAD ou límite anterior da dentición; en resumo, onde colocar o sorriso do paciente, no plano anteroposterior, respecto o resto da faciana (56).
As primeiras análises cefalométricos, como o de Ch Tweed, remóntanse aos anos 40 e mantiñan unha posición retraída do incisivos respecto ao LAD. Cando un revisa a abundante bibliografía sobre a referida cefalometría de Ch Tweed atoparase mil xustificacións clínicas que falan de oclusión, estética, competencia labial, estabilidade postcorrectiva e mil barallocas máis e nin un só artigo sobre a influencia da filosofía, do mito do “bo salvaxe” roussoniano ou a segregación racial no denominado perfil de Tweed.
Para Rousseau, o home é bo por natureza, pero a civilización corrómpeo e non permite a expresión de todo o seu potencial. Esta é a base pola que moitos dentistas e antropólogos consideran erroneamente ao apiñamiento ou a falta de espazo para os dentes como un problema da civilización.
(57) E quero demostralles aquí como ata unha cousa tan simple, ou ángulo nasolabial e a protrusión dous dentes e os beizos, ten un interesante transfondo sociolóxico, como xa apuntei no meu capítulo dá magnífica obra sobre patoloxía dous beizos do profesor López Cedrúm. Para nós é moi importante o ángulo nasolabial, delimitado pola parte inferior do nariz, a columnela, e o beizo superior.
O agarimoso libro de Umberto Eco “Arte e beleza na Estética Medieval” (58) abriume os ollos sobre a representacións marianas da boca e o suco nasolabial e a súa relación co obxectivo didascálico da arte relixiosa no tránsito entre a pintura gótica, a flamenca e o Renacemento. Pregunteime por qué se representaba a unha Virxe María tan envellecida nas táboas góticas? A patrística e a escolástica nos ensinan que Deus, e por extensión a Virxe, son “pulchritudo per essentiam” e a boca, fonte e medio dos pecados capitais, a de ser reducida á súa mínima expresión, resaltando o nariz e o queixo e producindo un envellecemento artificial da Virxe María.
Os artistas do Renacemento cambian a rixidez escolática por la sensualidade florentina, son máis terreais e deixando atrás as especulacións teolóxicas de San Agustín ou de Pseuo-Dionisio de Aeropaxita, utilizan ás súas musas e amantes como inspiración mariana e foi o cotilla de Vasari quen me puso na pista da Virxe co Niño e dous anxos (59) de frei Filipo Lippi e o seu modelo, novicia e amante Lucrecia Butti. Por muito que visitei pinacotecas e consultei expertos, esta é a primeira representación do novo ángulo nasolabial, un concepto mais estético que teoloxico. As ideas de Lippi sobre beizos e ángulos nasolabiales o cambian todo e hérdaas e difunde o seu máis insigne discípulo (60) Sandro Botticelli, o resto é xa historia da pintura.
O descubrimento nos xardíns vaticanos de Belvedere do Apolo Pitio (61), na época do papa guerreiro Xulio II, supuxo un cambio radical na estética do terzo facial inferior e por iso comparten beizos (tamaño, protrusión e arco de cupido), ángulo nasolabioal, suco mentolabial e queixo gran parte das esculturas e pinturas de Miguel Anxo, desde o David ao Xesucristo da Capela Sixtina.
Su rival Leonardo dá Vinci (62) non foi alleo ao estudo estético da metade inferior da cara, senón que foi máis aló ao preocuparse pola xénese anatomofuncional do sorriso movendo os músculos da mímica nos cadáveres. Como xa publiquei en distintos artigos (63), a combinación dos seus coñecementos anatómicos, a técnica pictórica do sfumato e a capacidade de anticipación do noso cerebro (investigacións dos neurocientíficos M Ekman e P Kok e da que é un experto o noso compañeiro o profesor Acuña Castroviejo) podería ser a resolución do famoso enigma do sorriso da Mona Lisa e non outras teorías máis estrambóticas.
(64) Teño o gusto de presentar neste solemne acto as miñas últimas observacións sobre o tema. A nosa hipótese sobre o papel da musculatura perioral no sonriso da Mona Lisa queda en evidencia al comparalo con a Xenebra de Benci de Washington. (65) Entre un e outro cuadro é o período onde Leonardo estuda en cadáveres a entrecrucixada muscular modiolar, nas comisuras dos beizos, e a representa maxistalmente na Gioconda con a axuda do sfumato.
É certo que uns e outros retomaron os canons estéticos derivados do Timeo platónico e os pitagóricos (66) o “home como un microcosmos e o cosmos como un gran home”, do que deriva o home de Vitruvio, tan ao gusto dos que hoxe especulan con proporcións áuricas, secuencias Fibonacci, fractales ou o teórico antropocentrismo do noso sorprendente universo. Non moitos dentistas saben que (67) a curva catenaria das arcadas, a de Spee, a de Monson- Wilson ou o triángulo de Bonwill derivan en realidade da paixón dos pitagóricos por xeometrizar.
O feito inaudito é que a estética do Apolo Pitio foi abrazado ata os anos 50 do pasado século. Neste punto poderiámonos preguntar como do referido canon victoriano (68), o dunha muller de pel branca, beizos finos e retraídos, cun sorriso que deixaba entrever discretamente os dentes e unha mandíbula pequena e de Clase II, pasamos ao dunha muller actual empoderada con beizos carnosos, dentes brancos, grandes, protruidos, ben aliñados, nunha mandíbula de ángulos goníacos ben delimitados por uns potentes maseteros; tamen a factoría Disney quere sumarse a estes cambios sociolóxicos na estética das súas novas heroínas, pasando dunha sumisa Blancaneves de 1937, de beizos e mandíbula pequeña, a la empoderada de hoxe en día, rifando con sete ananos asustados pola actual presion do me too.
As explicacións simplistas poderían abrazar o por que si, porque é a moda e punto, pero a análise sociolóxica do tema resulta profundo e apaixonante.
Como doutores ten a Santa Nai Iglesia, empezando polo noso presidente, vou cinguir aquí á parte que me compete.
Historicamente pasaron desapercibidas as implicacións que a posición dentaria (a maior ou menor prominencia dos dentes) ten sobre a fronte e o perfil facial. Tiven a sorte de analizar isto, (69) non estudando ortodoncia senón as disparatadas teorías craneométricas do racismo científico e as visitas a inquietantes museos da medicina euxenesica ou o de Cesar Lombroso en Turín, como expuxen nunha das miñas últimas conferencias sobre “Craneometría e Racismo Científico” no MAX, no museo de antropoloxía de Xalapa en Mexico.
Estou convencido que o racismo está na base de moitas decisións clínicas erróneas do século pasado e que a odontoloxía nunca reflexionou sobre o tema, nin sequera pasou no bico dos pés como si o fixo a medicina (70). O racismo tivo distintas caras ao longo da historia, segundo a ciencia e a tecnoloxía do momento. O explosivo cóctel das teorías darwinianas, a frenoloxía, o neomendelenismo e o neomaltusianismo acabaron converténdose na pseudocierncia do racismo científico, de indudable eficiencia política para as potencias coloniais. No luscofusco do século XIX e principios do XX unha parte da medicina tivo a infausta idea de abrazar as ideas euxenésicas desenvolvidas por Galton por mor dunha torticera aplicación das teorías do seu curmán Darwin.
O que aquí nos interesa é o papel racista desta protrusión dentoalveolar, xa apuntada séculos antes polo anatomista Petrus Camper, e o seu plano facial, que clasificaba os cranios das distintas, segundo eles, razas e a súa comparación cos cranios e a biprotrusión dentoalveolar dos simios. En definitiva, se asociaba a protrusión dos dentes con a capacidad craneal e esta coa intelixencia.
Non é de estrañar, por tanto, que, nos albores da ortodoncia, e máis en países cunha marcada segregación e con políticas euxenésicas activas, a maioría dos tratamentos de ortodoncia fixésense extraendo catro premolares para poder levar cara atrás os dentes e conseguir un perfil plano acorde co canon imperante. Esta moda, que WR Proffit denomino a do “gran sacrificio dos premolares” estendeuse máis de 40 anos afectando a millóns e millons de pacientes.
(71) Pensemos que a asimilación das crenzas racistas de superioridade por parte dos oprimidos foi o que permitiu a conquista de América, a división artificial de África e o seu espolio por parte dos colonizadores e o nacemento do excluínte nacionalismo alemán, vasco ou catalán (os galegos sempre fomos máis humildes); racismo que continuo en toda Europa e que acabou como acabou co III Reich e os seus patróns e características faciais.
Adoro o cine clásico e lestre é interesante polo seu carácter idealizador da estética facial de cada época, e ratifica nosas observacions, móstranos os beizos finos e retrusivos das actrices do cinema mudo e inicios do sonoro (72), a particular estética das mulleres fatais do cinema negro (onde, como di José Luis Garci, mulleres con pasado leábanse con homes sen futuro) de mirada penetrante, perfil plano, ángulo nasolabial aberto, mandíbulas retruidas de Clase II, queixos marcados e beizos finos e perfilados.
A estética do corpo cambia radicalmente a finais dos 60 como consecuencia das revolucións dos fillos dos pequeños burgeses (73): o Mayo do 68 parisiense, a loita polos dereitos civís e contra o racismo, a mestura e asimilación de etnias, os movementos pacifistas, a revolución sexual e o feminismo. Cambia a cultura do corpo e a súa exhibición pública, comeza o desexo de gustar dunha maneira diferente con signos máis evidentes de seducir, porque a dinámica das relacións sexuais cambia 180 graos e a pílula modifica, polo menos inconscientemente, mitos, tabús e patróns de conduta anteriormente estereotipados. Os beizos roxos pasan a ser unha potente icona de beleza, saúde, mocidade e reclamo sexual (o gasto mundial actual en barras de beizos é superior aos 20.000 millóns de dólares, maior que o programa mundial de alimentos para erradicar a fame extrema no mundo).
Aparecen iconas da nova sensualidade (74) como Marilyn Monroe, Brigitte Bardot ou Raquel Welch, ás que tanto debe, xunto a Santa Apolonia, a odontoloxía. Non por casualidade a nova protrusion dental e labial se une a prominencia e a silicona de outras partes da anatomía.
Non creo moito na subxectividade da beleza, en que esta resida no ollo do espectador, pero hai un atractivo non convencional nalgúns rostros (75) de proporcións particulares onde poñemos en corentena os canons tradicionais, para rendernos a unha contracultura da singularidade que realza a personalidade e converte en musa da arte e do cinema á súa portadora.
(76) O descrédito da idea tradicional de vida eterna cambiou o inconsciente de gran parte da nosa sociedade, que se lanzou nos brazos do hiperconsumo hedonista coma se non houbese un mañá, impulsado polo gran bazar do desexo que son as redes. A loita contra o envellecemento, que, na cara e outras partes da anatomía, non é máis que unha loita desigual contra a gravidade, convértese nunha icona do desexo. Non é sinxelo para os profesionais que xa levamos anos nisto afixese aos modos e maneiras dos pacientes desta nova sociedade VICA (voluble, incerta, complexa e ambigua).
Cómpre subliñar que os que gozamos ensinando neuromarketing na universidade entendemos a alta plusvalía que xera a compra emocional (sexa dun sorriso ou un complemento de luxo), porque o paciente emocional non compra o que necesita senón o que desexa. (77)
As redes infectaron aos mozos co desexo e a aparencia só co obxectivo de satisfacer a esta sociedade hiperconsumista, de vender. Aparentamos constantemente coa estética do noso sorriso e a nosa cara, a roupa e complementos que levamos ou aireando nosa marabillosa vida en redes sociais.
Como xa reflectín nun dos meus últimos libros de ensayos (78), pasamos dunha escravitude inflixida polos faraóns, os deuses-rei, a colonización, as ditaduras ou o omnipotente estado de Max Weber a un novo tipo de escravitude autoinflinxida onde é o individuo o que se marca as metas erróneas e inalcanzables que o acaban escravizando. Moitos cambiaron o remo da galera, e o constante retumbar do tambor, que marcaba o ritmo, por un traballo igual de monótono. Os mozos, por culpa do teléfono intelixente, están sempre noutro lado. O peso da pedra que Sísifo soportaba con estoica resinación, nun ciclo infernal interminable, parece desaparecer; agora importa máis con que porte, elegancia e distinción lévaa Sísifo e cantos likes recibe pola súa titánica tarefa.
Non é de estrañar o último premio Princesa de Asturias a Byung-Chul Han, ou a actualidade das obras de Gilles Lipovetsky, co seu Imperio do Efémero ou a Era do Baleiro. O estado opresor de Engels, Michel Foucaut e Roberto Toretti viuse suplantado pola conciencia individual de millóns de mozos que decidiron subirse ao carrusel da nova escravitude do aparentar.
(79) Como subliñei en varios artículos, as redes favorecen o negocio da pseudociencia, como a Odontoloxía Holística u Homeopática, o que cuestiona os cimentos nos que ha de basearse esta Real Academia, como defensora da ética e verdade médica.
No noso terreo nada sae gratis cando antepoñemos a estética á función ou aos criterios de equilibrio biolóxico e é isto o que fai que hoxe leven férulas de descarga millóns de persoas, porque falar neste caso de pacientes teoricamente apretadores é referirme á comedia do Enfermo Imaxinario de Moliere, grazas á popularización dun novo neoloxismo: o bruxismo. O negocio odontolóxico e as cadeas comerciais de clínicas, como canta Joaquín Sabina, teñen sempre un problema para cada solución.
Chegados a este punto quero compartir un pequeno secreto, o porqué da miña paixón polo estudo do óso alveolar (80). Tiven a fortuna e o atrevemento, hai anos, de felicitar en México a Gabriel García Márquez, na consulta dos López-Velarde e en compañía do poeta Ernesto Cardenal, a quen coñecera no congreso de escritores comunistas na Habana, por a súa aguda intuición sobre unha das visitas dos xitanos ao máxico Macondo:
“De modo que todo el mundo se fue a la carpa, y mediante el pago de un centavo vieron un Melquíades juvenil, repuesto, desarrugado, con una dentadura nueva y radiante. Quienes recordaban sus encías destruidas por el escorbuto, sus mejillas fláccidas y sus labios marchitos, se estremecieron de pavor ante aquella prueba terminante de los poderes sobrenaturales del gitano. El pavor se convirtió en pánico cuando Melquíades se sacó los dientes, intactos, engastados en las encías, y se los mostró al público por un instante —un instante fugaz en que volvió a ser el mismo hombre decrépito de los años anteriores— y se los puso otra vez y sonrió de nuevo con un dominio pleno de su juventud restaurada.”
O importante para a cara de Melquiadaes non eran as coroas do seus dentes, senón a resina (81) que trataba de encher o espazo entre o seu maxilar e a súa mandíbula, en definitiva, unha enorme cantidade de resina que trataba de substituír ao óso alveolar perdido e que producía un cambio drástico na súa posición mandibular e o seu perfil engurrado.
O realismo máxico de García Márquez sitúase nas antípodas da visión que hoxe ten do mundo a xeración “Z”, un mundo cheo de TikTok, e Instagram, de tecnoloxía dixital, de realidade virtual e de intelixencia artificial e que agora culpa a nosa xeneracion de todos seus males. Entendo o seu desacougo por problemas como a vivienda o as futuras pensions. (82) Unha xeración que debería de tratar de copiar da nosa non soamente o valor da nosa bandeira, para comprender a idea da defensa de unha España unida, xusta e solidaria, senón o respecto e agradecemento cara aos seus mestres, porque se hoxe estou aquí é grazas a eles, que me ensinaron cousas, pero fundamentalmente modos de pensar, ser e estar. Nosa vida se resume en recibir e pasar o testigo do exemplo tentando mellorar a vida da seguinte xeneración.
Meu obxectivo non é formar so ortodoncistas, senón líderes que representen dignamente e por todo o mundo a nosa universidade, por iso quero que sexan diferentes, que cambien a súa maneira de ver o mundo, que adquieran a nosa intraducible afouteza, unha vida pensada cun agudo sentido crítico, que abracen conceptos, hoxe deostados polo novo hombre masa dixital de Ortega, como o da excelencia e o elitismo intelectual, porque de isto trata a universidade e esta Ilustre Academia.
Un ídolo da miña mocidade, Isaac Asimov, escribía tal día como hoxe fai 46 anos no Newsweek, un visionario artigo “O culto á ignorancia” onde xa alertaba sobre mentiras como o respecto a todas as opinións ou que en democracia a ignorancia dunha persoa ten o mesmo valor que o coñecemento doutra. Dario Villanueva e Umberto Eco nos falan de como as redes sociais déronlle o dereito para falar a lexións de parvos que antes falaban só nas tascas, a parroquia ou na súa casa e agora teñen o mesmo dereito a falar, por exemplo de medicina, que calquera ilustre compañeiro desta Real Academia; é a invasión dos baballons. Eco refírese á etimoloxía da palabra parvo ou baballón, como débil sen sostén; e son perigosos porque mesmo para saber que non se sabe, hai que ter un pouco de coñecemento. Non axudemos a disolver a autoridade do saber confundindo a democracia do coñecemento coa demagóxica democracia das opinións.
(83) Pido aos meus alumnos que loiten contra o falso igualitarismo que nos tratan de impoñer os ignorantes, os mugallans e os estrafalarios con seus acrónimos, bandeiras e fanáticas consignas de que todas as voces, modos de vida e opinións valen o mesmo; cando o coñecemento e a ignorancia equipásense perdemos a brúxula para navegar polo mundo e nos volvemos vulnerables á manipulación, a mentira e a sedución das respostas fáciles.
Gustame que nesta Real Academia resonen hoxe as palabras de Castelao: “Fuxide sempre dos parvos; porque poden roubarvos algo da vosa razón e transmitiros a súa parvada”
A tecnoloxía dixital e a comunicación virtual representa o gran avance da nosa especialidade, pero sempre hay un pero. (84). No seu magnífico discurso de ingreso o noso compañeiro Arturo González Quintela comparaba o tempo clínico co tecnolóxico para criticar a presión do tempo sobre o médico e a medicina acelerada; a vertixe, dicía, é en certo xeito o prezo do progreso. Debemos de recorrer aos gregos; temos que dar preferencia ao kairos, o máis pausado tempo clínico, o de escóitaa e o diálogo co paciente, fronte kronos, o dos sistemas expertos, os algoritmos e a medicina computerizada. O kairos representa a necesidade de pausar, de atopar o momento perfecto para a intervención, o diagnóstico ou a escoita; é o tempo da empatía, da intelixencia emocional, da conexión profunda co paciente.
Debemos de aprender a refuxiarnos na importancia do inútil, en libros como “Ellogio della Lentteza” de Lamberto Maffei que reivindica a inscrición, no Salón dos Cincocentos de Florencia, “festima lente” (apresurarvos con lentitude) debuxada nos frescos de Giorgio Vasari, sobre un sapoconcho que leva sobre o seu caparazón unha enorme vela inchada polo vento. Necesitamos máis tempo co paciente real, non o virtual, máis lentitude, máis espazo para observar e pensar. As grandes compañías de ortodoncia, que nos acabarán destruíndo, buscan a rapidez do hiperconsumo, a desnaturalización do trato co paciente, a través do movil e a consulta virtual, buscan destruir a maxia do noso prestixio para igualarnos por abaixo.
(85) Quero reiterar a miña paixón por unha Ortodoncia Médica, máis aló da estética e cosmética, con mil posibilidades terapéuticas, a que axudou aos nosos fillos para ter unhas correctas funcións orais, para masticar con eficiencia sen dor, molestias ou ruídos articulares, respirar adecuadamente polo nariz e evitar problemas como a roncopatía, ou a Síndrome de Apnea Hipoapnea do Soño. Hoxe pola maña, remataron as Xornadas Transdisciplinares de Medicina Dental do Sono, organizados polo noso Servizo de Investigación en Ortodoncia con ilustres especialistas internacionales do sono, otorrinolaringólogos, neumólogos e ortodoncistas.
(86) Este próximo ano esperamos incrementar a nosa participación en este y otros campos no prestixioso grupo de investigación Oral Science Research Group, liderado por a profesora Inmaculada Tomas.
(87) Na nosa facultade temos a fortuna do bo compañerismo e que a nosa especialidade é ben comprendida, aceptada e valorada por todos os especialistas médicos do SERGAS empezando polo Servizo de Cirurxía Maxilofacial; unha colaboración hospitalaria desisteresada que xa había comenzado con compañeiros como Jesús Pino e Varela Cibes.
Sempre procurei exercer a minha especialidade coa ética que me ensino o meu pai, e a el seu pai; aquela que permita a nenos e adultos sorrir abertamente e con confianza e que sexa unha parte crucial no tratamento de todos aqueles pacientes afectados de verdadeiras enfermidades, ou con necesidades especiais, síndromes e malformacións dentofaciales. Os servizos de pacientes con necesidades especiais creados por el profesor Pedro Diz son hoxe os mellores de España e un referente internacional.
(88) Quero agora, para concluír, expresar o meu agradecemento a os alumnos e compañeiros de Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, unha facultade excelente situada entre as 150 do mundo e a segunda de España (clasificación de Shanghái) despois da Complutense de Madrid, que está en medios e orzamento a anos luz de nós; non só os meus compañeiros son amigos, insignes clínicos, investigadores e profesores, e excelentes persoas, senón que axudan á autofinanciación do noso centro, e da USC coas clínicas de posgrado e servizos de investigación como o noso; todo un exemplo a seguir nunha época onde todo o mundo, e nada mais chegar, non para de reclamar dereitos e subvencións e poucos falan de vocación e obrigacións; síntome muy orgullosos de pertenecer a este grupo a o que tanto debo.
Quero dar as grazas a o conselleiro de sanidade pola sua presenza. Galicia coa acertada política do governo a que pertenece e a imprescindible axuda dous meus ilustres compañeiros desta Real Academia (non ámbito dá xenetica, as vacinas, a biopsia líquida, a terapia CAR-t, a protonterapia, e tantos outros) ponse a cabeza de España. O Conselleiro sabe que gran parte dás novas prestacions dá carteira común de servizos de saude bucodental do Sistema Nacional de Saude do 2024 non van poder ser postas en práctica na maioria dos territorios do Estado, quedando gran parte en papel mollado. Este triste presaxio e á súa vez unha grande oportunidade para Galicia xa que con unha boa coordinación coa Facultade de Medicina e Odontoloxía podemos facer, ou que outros non van poder, que a nosa sanidade sexa no ámbito da saude bucodental, coma xa se fixo grazas a membros destacados de esta Academia, como o Profesor Xan Xestal, un exemplo a seguir para o resto de España.
Remato xa con una súplica e un sono, iste sin apnea. Esperemos que o goberno galego aposte por nosa Facultade e non teña a tentación de colaborar na actual masificación e deterioración da odontoloxía de España, aprobando a creación de facultades privadas cuxo principal fin, al menos en Odontoloxía, non o esquezamos, é a rendibilidade e cuxos profesores, polo menos nas que coñezo en España, son dentistas locais de limitada formación docente e investigadora. Recordar a os donos de capital-risco de esas universidades que un verdadeiro mestre non se pode improvisar nin comprar como se fai con un aula, unha mesa, unas sillas, un proxector o unas cadeiras dentais.
Cómpre subliñar que todos os que estamos na universidade pública cobramos por ensinar, diferenciándonos doutros que ensinan para cobrar, e ter o non ter vocación docente.
O negocio que a maioría das facultades privadas han montado con licenciaturas expres e fraudulentas validacións de estudos estranxeiros e acordos con grandes cadeas privadas de clínicas, cuxo único obxectivo é o lucro e explotar aos supostos bolseiros, é unha vergoña inaceptable que condiciona a saída profesional dos nosos alumnos con menos recursos, mercantilizan aún mais a odontoloxía e multiplican os sobretratamentos. O desbocado negocio das facultades de Odontoloxía privadas é o principal responsable da masificación actual da profesión, nutrindo de mano de obra barata as principais cadenas comerciales de clínicas do país; pola total diverxencia en obxetivos, estas facultades non poden compartir conferencia de decanos coas públicas, é poñer os raposos, que cada día son mais, a tomar decisions sobre a vida das galiñas.
Fagamos as cousas con sentidiño. Superada a pequena liorta da descentralización de Medicina, cun bo acordo, o futuro da Odontoloxía da USC, e segundo a miña opinión estrictamente persoal, debería de pasar por abrirse á Universidade da Coruña e Vigo aproveitando sus excelentes profesionais e creando duas clínicas extramurais nesas ciudades tanto para a formación de grao como de posgrado e a investigación. Temos as vimbias e os recursos para facer unha gran Facultade de Odontoloxía pública Galega descentralizada e autofinanciada, que sexa referente indiscutible para o tratamento odontolóxico dos galegos e polo de atracción formativa para profesionais de todo o mundo; o éxito esta garantido.
Espero descúlpeme polo tempo roubado a iste solemne acto y as miñas incorreccions políticas froito da miña paixon e tendenza a exercer de tábano socrático da odontoloxía. Quero finalizar agradecendo a Universidade e a o exequipo decanal dirixido polo noso compañeiro Julián Álvarez e a María Jesús Mora polos investimentos públicos captados para o centro e animar a Xunta a incrementar a colaboración cunha Facultade que prestixia internacionalmente á Universidade de Santiago de Compostela e a Galicia e que está ao servizo de vostedes e de todos os galegos.
Dixen
Moitas graza